maio 14

No concello en maio

Este boletín vai un pouco escueto, pero podedes acceder a máis información e a outras actividades en www.concellodebrion.org

CURSOS DE FORMACIÓN

Obradoiro de comercio electrónico: venres 23 de maio, horario de mañá ou tarde

Obradoiro de trámites electrónicos na rede (cita médico, renda, oficina virtual...): venres 30 de maio, horario de mañá ou tarde

Obradoiro de gravación de CD's e DVD's: venres 6 de xuño, horario de mañá ou tarde.

Cursos gratuítos de alfabetización dixital na Aula CEMIT, na rede, onde queiras cando queiras

Conservas caseiras: ao final tivemos que volver a cambiar as datas e finalmente vai ser o sábado 31 de maio e o sábado 7 de xuño en horario de 10 a 14 horas.
 


AS FABAS MÁXICAS

 Monicreques para nenos a partir de 4 anos de idade da compañía Caramuxo Teatro.

Domingo 18 de maio ás 12.30 horas no Centro Social Polivalente.

Actuación encadrada dentro do programa Falaredes da Dirección Xeral de Política Lingüística.

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/pdf/feira-do-libro_maio-cultural-14.pdf

 

FEIRA DO LIBRO-MAIO CULTURAL

Programación completa das actividades da Feira do Libro do ano 2014 con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/pdf/feira-do-libro_maio-cultural-14.pdf

 

CLUBE CAMALEÓN

A última sesión do clube cambia de data, en vez do venres 23 de maio vai ser o venres seguinte, o 30 de maio.



ACTIVIDADES DE VERÁN

Estamos a preparar a programación de actividades para o verán e botóusenos o tempo enriba!

Abrirase o prazo de inscrición no mes de xuño, onde xa teredes toda a información das actividades que vai haber, datas, horarios, lugar...




Asociacións de Brión e outras actividades

1º ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA-BRIÓN

A asociación brionesa O esquío no piñeiro e a Piscina Municipal organizan este sábado 17 de maio unha andaina por terras de Brión.

Van facer falta colaboradores sobre todo para organizar os avituallamentos. Se queredes colaborar con eles podedes poñervos en contacto con Julio a través do correo electrónico oesquio@gmail.com.

+Info: andainaterrasdealtamira.blogspot.com



_______________________________________________________________________________________

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS E OUTRAS ACTIVIDADES EN




Casa da Cultura
Carballeira de Santa Minia nº5
Tlf.: 981 509 908