febreiro 2014

No concello en febreiro


CURSOS DE FORMACIÓN

Está aberto o prazo de inscrición para os cursos de formación de:






INFORMÁTICA:
  •  Cursos presenciais
  • Cursos na rede
  • Obradoiros de informática
AGRICULTURA SOSTIBLE
  • Planificación da horta
  • Semilleiros e abonos
  • Plagas e enfermidades
RECURSOS PARA A ANIMACIÓN
  • Danzas do mundo
COMPETENCIAS CLAVE
  • Curso de preparación para as competencias clave de nivel 2
LINGUA GALEGA

  • Cursos de preparación para os distintos niveis do CELGA


FEIRA DE BRIÓN

O sábado 22 de febreiro ás 12 da mañá obradoiro de máscaras de Antroido para os rapaces e algunha sorpresa máis.

Lembra, de 11 a 2 en Monte Balado. Vente disfrazado!

+Info: feiradebrion.blogspot.com


REDE BRIÓN SOLIDARIO

Desde os Servizos Sociais do concello está en marcha a campaña Rede Brión Solidario co fin de cubrir necesidades de familias que non poden facer frente á compra de alimentos, roupa, material escolar, libros, menaxe, mobiliario básico... Antes de tirar nada pensa que pode haber xente que o necesite! Únete á rede!

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/servizos_sociais/servizos_sociais.html

CLUBE CAMALEÓN

Volve o Clube Camaleón dous días ao mes! para rapaces de 3 a 8 anos de idade, segundo e cuarto venres do mes de 6 a 7 da tarde na Biblioteca Municipal. Cota: 10 euros/trimestre

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/cultura_deportes.html

ENTROIDO 2014

Un ano máis celebramos a festa do Entroido. Este ano será, coma sempre, o domingo de piñata, o día 9 de marzo, a partir das 4.30 da tarde saíndo o desfile de máscaras desde a Carballeira ata o Pavillón, sempre e cando o tren de tormentas o permita, claro.

Programa e bases para participar no desfile en http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/cultura_deportes.html

PIRAGÜÍSMO

Está aberto o prazo de inscrición para os cursos de piragüísmo para rapaces de 8 a 18 anos de idade. Os cursos serán os sábados de 11 a 12 da mañá na Ponte Ínsua (Ons).

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/cultura_deportes.html


EXPOSICIÓN DE PINTURA

O 21 de febreiro inaugúrase unha nova exposición na Sala de Exposicións da Casa da Cultura. É unha exposición de FOTOXORNALISMO.

En breve +Info en http://www.concellodebrion.org/actividades/cultura_deportes/cultura_deportes.html


CICLO "VENRES MUSICAIS"

A Escola de Música Municipal, dentro do ciclo Venres Musicais, organiza para o venres 14 de febreiro un concerto de piano e guitarra a cargo dos alumnos da escola. O concerto será na Sala de Exposicións da Casa da Cultura a partir das 8.30 da tarde.

+Info: http://escolamusicamagarinos.blogspot.com.es/2011/02/axenda-artistica.html


FESTIVAL DE ENTROIDO DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL

O día 28 de febreiro, a partir das 6.30 da tarde, no Salón de Actos do Centro Social Polivalente poderemos disfrutar do festival de entroido da Escola de Música Municipal a cargo dos alumnos da escola.

+Info: http://escolamusicamagarinos.blogspot.com.es/2011/02/axenda-artistica.html

Asociacións de Brión e outras actividades


1º ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA-BRIÓN

A asociación brionesa O esquío no piñeiro e a Piscina Municipal están organizando unha andaina por terras de Brión para o 17 de maio, Día das Letras Galegas. A andaina vai ter tres opcións, un percorrido de 13 Kms, un de 17 e o máis longo de 50 kms, podendo escoller cal deles prefires realizar.

+Info: andainaterrasdealtamira.blogspot.com


CEA SOLIDARIA CO POBO SAHARAUI

O vindeiro 15 de marzo celebrarase, un ano máis, a cea solidaria co pobo saharaui co fin de recaudar fondos para financiar os billetes de avión dos rapaces saharauis que veñen no verán co programa "Vacacións en paz para nenos saharauis".

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/servizos_sociais/servizos_sociais.html



CURSO DE MUSICOTERAPIA

A escola de tempo libre Recursos organiza un curso de musicoterapia en Santiago. O curso é de 30 horas das que 15 son presenciais (sábados 15 e 22 de febreiro e 1 de marzo) impartidas por Tomás Rábanos, e outras 15 son a distancia.

+Info: 9891 558 374 e info@formacionytrabajo.com



CURSOS PARA DESEMPREGADOS

Este mes a Consellería de Traballo e Benestar xa empezou a convocar cursos para desempregados a través do portal de emprego da Xunta.

Podes consultar os cursos que están próximos a empezar e inscribirte para a selección de alumnos en emprego.xunta.es, no apartado de Ofertas de formación.

+Info de cursos e novas relacionadas co emprego en empregobrion.blogspot.com


PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DA ESO E BACHAREL

Xa saíu a convocatoria da Consellería de Educación para realizar as probas para a obtención dos títulos da ESO e de Bacharel. Polo de agora tan só está aberto o prazo de inscrición para as de Bacharel e en marzo ábrese o prazo para as da ESO.

+Info: http://www.concellodebrion.org/actividades/formacion/formacion.html



_______________________________________________________________________________________

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS E OUTRAS ACTIVIDADES EN


http://mocidadeevoluntariadobrion.blogspot.com
http://empregobrion.blogspot.com



Casa da Cultura
Carballeira de Santa Minia nº5
Tlf.: 981 509 908
www.concellodebrion.org